Número 48

Du côté de la côte, de Agnès Varda

Como cada ano, a industria cinematográfica mundial asiste á súa cita ineludible na Croissette, acaparando o foco mediático e marcando a axenda do sector. Máis aló das queixas e polémicas recorrentes, tanto as referentes á programación como ás trabas técnicas ás que deben enfrontarse os asistentes na realidade pospandémica, o certo é que o Festival de Cannes segue sendo o encontro máis influínte e polarizante do mundo do cinema. Ante o seu innegable impacto prescritivo, semella evidente que o seu modelo de festival e propostas deben ser obxecto dunha constante revisión crítica, un labor que recae en gran medida na prensa especializada. Precisamente por iso, no medio da vertixe cannoise, decidimos publicar o Número 48 da revista, no que iremos publicando as nosas impresións sobre a última edición do encontro francés.

Por outra banda, fieis á nosa filosofa de non limitarnos a atender as novidades do sector, este novo número da revista volve dedicar un espazo importante ao traballo que levan a cabo os arquivos e filmotecas de todo o mundo á hora de preservar e poñer en valor o cinema de patrimonio. Dende A Cuarta Parede sempre reivindicamos o papel fundamental destes espazos como custodios necesarios da memoria fílmica. Por iso, en colaboración co Festival Play-Doc, decidimos organizar o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado durante a última edición do encontro tudense. As pezas resultantes desta actividade xa están dispoñibles na nosa web, xunto coa cobertura do propio festival.

Do mesmo xeito, neste Número 48 volveremos retomar a nosa colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, publicando os ensaios gañadores dos VII Premios María Luz Morales, cuxo prazo de recepción continúa aberto ata o vindeiro 31 de xullo. Como non podía ser doutro xeito, visitaremos os nosos festivais galegos de referencia durante a primavera, como o (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, repasaremos os títulos máis destacados que cheguen ás salas nos próximos meses e contaremos con algún vídeo-ensaio e pezas de análise en profundidade, antes do habitual letargo estival. A imaxe que preside este editorial é precisamente unha estampa da Costa Azul, retratada pola nosa venerada Agnès Varda na súa curtametraxe Du côté de la côte (1958).

 

Dirección

Jesús Silva Vilas

Edición e xestión da web

Brais Romero

Jesús Silva Vilas

Deseño da cabeceira

Federico Scudeler

Consello de redacción

Laura Montero Plata

Víctor Paz Morandeira

Marta Pérez Pereiro

Brais Romero

María Villamarín

Iván Villarmea Álvarez

Colaboran neste número

Pablo Aguilar Martín

Juan Ares

Denís Area Fernández

Martín Arufe

Sergio de Benito

Miguel Casaseca Santos

Fernando Fernández

Miguel Gómez Abad

Manuel Iglesias Vila

Mario Lagoa

Alejandro López

Óscar López Iglesias

Xavier Montoriol

Nacho Ozores

Aldara Pagán

Víctor Paz

Lía Pérez Barrán

Brais Romero

Manel Sá

Jesús Silva

Víctor Soho

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Pantallas:

Il sol dell’avvenire, de Nanni Moretti

Zoom in:

Carlos Pardo Ros: “Entendo o cine como unha forma de traballo comunitario”

Circuíto:

(S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada

Curtas Vila do Conde 2023: Camiños da ficción

Curtas Vila do Conde 2023: Outros camiños

FICBUEU 2023: Sección Oficial 6 — Unha sesión de contrastes

FICBUEU 2023: Sección Oficial 5 — Da paternidade e a espera

FICBUEU 2023: Sección Oficial 4 — Proximidades e distancias

FICBUEU 2023: Sección Oficial 3 — Formas da dor

FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras

FICBUEU 2023: Sección Oficial 1 — Cinco olladas cara a madurez

Intersección 2023: Virtualidades / Realidades

Curtocircuíto 2023: Sección Cosmos

Curtocircuíto 2023: Planeta GZ

Cannes 2023 (V): as curtas son de estudantes?

Cannes 2023 (IV): os mundos de Yupi

Cannes 2023 (III): a ficción invade a realidade

Cannes 2023 (II): quen controla o relato, ten o poder

Cannes 2023 (I): eterno Godard

Play-Doc 2023: Competición Internacional

Obradoiro:

Retrospectiva de Salvador Gijón, pioneiro ao tempo que descoñecido

Dar Ghorbat, de Sohrab Shahid Saless

Play-Doc 2023: Imaxes ao bordo da desaparición

VII Premios María Luz Morales:

Almodóvar roda sobre rodas

Os espazos do cinema

Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo

Glitch: A arte do accidente. Ontoloxía e evolución

O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego

Comments are closed.