O AUDIOVISUAL DOS MILLENNIALS GALEGOS

Narcisistas, malcriados, egocéntricos, indiferentes e impacientes. Infantís, ninis, apolíticos, mimados. Frívolos. Insolidarios. Preguizosos. Inmaturos, materialistas e cómodos. Non comprometidos. Apáticos e irrespectuosos. Individualistas.

Nados nun mundo dixital saturado de imaxes e sons. Parece que non queda nada novo por contar e por iso nadamos na mestura de referentes, de estilos e estéticas para demostrar que aínda temos un punto de vista propio. Somos fluídos, adaptables. Somos collage e pastiche. Estamos preocupados polo noso entorno, polos nosos compañeiros e pola nosa lingua. E non queremos conformarnos.

Neste ensaio combínanse pezas e referentes populares da xeración millennial en Galicia para tentar entender o noso xeito de relacionarnos co medio audiovisual tanto como espectadores como creadores.

Non hai artigos relacionados.

Deixa o teu comentario