O MELLOR DE 2012

De limusinas e outras bestas

Os mellores filmes de 2012 son, coma case sempre, os que iremos vendo ao longo deste novo ano: moitos veñen de chegar ás salas comerciais, algún aínda resiste nelas logo de varios meses e a gran maioría aínda está por descubrir, xa sexa a través da rede, dos festivais, das filmotecas ou directamente no mercado de DVD. Malia que non todos acadaron a máxima puntuación á que poderían chegar por falta de visibilidade, a nosa listaxe comeza cunha tríada ben consolidada: Tabu (Miguel Gomes, 2012), Leviathan (Lucien Castaing-Taylor & Véréna Paravel, 2012) e Amour (Michael Haneke, 2012) mereceron unha intensa busca e captura pola banda dos nosos colaboradores dende as súas respectivas estreas nos festivais de Berlín, Locarno e Cannes, e agora ocupan, cunha clara vantaxe, o máis alto do noso podio.

O triunfo de Tabu confirma ademais o excelente ano que viviu o cinema portugués: a este retrato dun país troikado en plena fuga imaxinaria cara un pasado que só os crocodilos semellan capaces de testemuñar súmaselle tamén O Gebo e a sombra (Manoel de Oliveira, 2012), a penúltima obra do decano da cinematografía veciña, que acadou nesta tempada nada menos que a quinta posición da nosa listaxe. Máis abaixo, o dúo formado por João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata aparece até en tres ocasións con A última vez que vi Macau (João Pedro Rodrigues & João Rui Guerra da Mata, 2012), O que arde cura (João Rui Guerra da Mata, 2012) e Manha de Santo António(João Pedro Rodrigues, 2012), tres títulos que fan da necesidade a súa principal virtude para subsistir ante a ominosa fin das subvencións estatais. Pola súa banda, as mencións a Reconversão (Thom Andersen, 2012) e mais ás curtas de Pedro Costa e Aki Kaurismäki incluídas no filme colectivo Centro Histórico (Pedro Costa, Víctor Erice, Aki Kaurismäki e Manoel de Oliveira, 2012), sinalan o papel que tiveron dous eventos como o Festival de Vila do Conde e a capitalidade cultural de Guimarães (responsábeis respectivos de cada un destes filmes) para importar o talento estranxeiro e darlle pulo, ao mesmo tempo, á produción local. A presenza soterrada nas listaxes de títulos como Linha Vermelha(Luis Filipe Costa, 2012), Torres & Cometas(Gonçalo Tocha, 2012), Estrada de Palha(Rodrigo Areias, 2012), A vingança de uma mulher (Rita Acevedo Gomes, 2012) ou O fantasma do Novais (Margarida Gil, 2012) completan esta numerosa representación lusa á que hai que engadir tamén a nova montaxe de Sangue do meu sangue (João Canijo, 2011) e mesmo Cosmopolis (David Cronenberg, 2012), o enésimo invento do maior fervellasverzas do cinema europeo: unha vez máis, Paulo Branco, como non.

Precisamente neste ano de limusinas, o binomio de Cosmopolis e Holy Motors (Leos Carax, 2012) tampouco podía faltar na nosa escolma: as reflexións esquivas de Cronenberg sitúanse na novena posición, mentres que a creatividade efervescente de Carax elévase até a cuarta. Entre un título e outro, até o mainstream anglosaxón atopou o seu lugar: dunha banda, a sorprendente madurez do Axente 007 valeulle a sexta praza a Skyfall (Sam Mendes, 2012); e doutra, a perversión pop dunha recua de estrelas post-adolescentes instalou a Spring Breakers (Harmony Korine, 2012) nunha desafiante oitava posición. O cinema estadounidense aínda colocou outro filme máis entre os dez primeiros: Moonrise Kingdom (Wes Anderson, 2012), outra fantasía retro-moderna na que Anderson segue a depurar as súas reviradas sagas familiares: resulta curioso que teña os mesmos puntos ca Spring Breakers, se ben cun voto máis, tendo en conta que tratan temas semellantes (as fugas adolescentes para descubrir a vida e as súas terríbeis consecuencias) do xeito máis oposto posíbel (un actualiza o legado da nouvelle vague e outro pouco menos que dignifica os tropos de Gandía Shore & Co). Por último, o retorno inesperado dos irmáns Taviani coa ficción documentária Cesare deve morire (Paolo e Vittorio Taviani, 2012) pecha o noso Top 10 e deixa fóra, por un só punto, ao drama húngaro Csak a szél(Benedek Fliegauf, 2012), que amplía a nosa listaxe cara o leste a falta de títulos asiáticos que fosen, se non mellores, cando menos máis vistos: os dous filmes orientais con máis votos da tempada, In Another Country (Da-reun na-ra-e-seo, Hong Sang-soo, 2012) e Like Someone in Love(Abbas Kiarostami, 2012), ficaron respectivamente nos postos 17 e 20 á espera, probabelmente, de atopar aos seus espectadores potenciais durante este 2013.

No entanto, o cinema estatal tivo a súa mellor baza en Blancanieves (Pablo Berger, 2012), unha revisión cinéfila e cinéfaga da españolada taurina que tamén estivo a piques de entrar entre os dez mellores filmes do ano. E camuflados nos postos intermedios de moitas listaxes, varios títulos galegos agromaron en pé de igualdade canda os grandes cabezolos do cinema mundial: Arraianos (Eloy Enciso, 2012), Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas, 2012), Montaña en sombra (Lois Patiño, 2012), Outrasvozes (Alberte Pagán, 2012) e Anacos (Xacio Baño, 2012) son exemplos dunha creatividade perseverante que está a xurdir no peor dos escenarios, onde nin a crise, nin as maiorías absolutas, nin as profecías funestas foron quen de rematar con todos nós (por agora).

Leviathan (Lucien Castaing-Taylor & Véréna Paravel, 2012)

1. Tabu (Miguel Gomes), 76 puntos / 9 votos

2. Leviathan (Lucien Castaing-Taylor & Véréna Paravel), 51 / 8

3. Amour (Michael Haneke), 45 / 7

4. Holy Motors (Leos Carax), 35 / 5

5. O Gebo e a sombra (Manoel de Oliveira), 34 / 5

6. Skyfall (Sam Mendes), 28 / 5

7. Moonrise Kingdom (Wes Anderson), 23 / 5

8. Spring Breakers (Harmony Korine), 23 / 3

9. Cosmopolis (David Cronenberg), 22 / 3

10. Cesare deve morire (Paolo e Vittorio Taviani), 19 / 3

11. Csak a szél – Just the Wind (Benedek Fliegauf), 18 / 2

12. Blancanieves (Pablo Berger), 17 / 3

13. L’âge atomique (Hélena Klotz), 17 / 2

Sangue do meu Sangue (Joao Canijo) [montaxe de 2012], 17 / 2

15. Killing Them Softly (Andrew Dominik), 16 / 4

A última vez que vi Macau (João Pedro Rodrigues & João Rui Guerra da Mata), 16 / 4

17. In Another Country (Hong Sang-soo), 16 / 3

Vous n’avez encore rien vu (Alain Resnais), 16 / 3

19. Museum Hours (Jem Cohen), 15 / 3

20. Like Someone in Love (Abbas Kiarostami), 14 / 3

Amour (Michael Haneke, 2012)

A seguir, as listaxes individuais de tódolos colaboradores da revista que participaron nesta votación:

 

 DIRECTORES

Víctor Paz Morandeira

1. Skyfall (Sam Mendes)

2. Babylon (Youssef Chebbi, Ismäel Chebbi, Alaeddine Slim)

3. Blancanieves (Pablo Berger)

4. In April the Following Year There Was a Fire (Wichanon Somumjarn)

5. Tabu (Miguel Gomes)

6. Museum Hours (Jem Cohen)

7. Ashes (Apichatpong Weerasethakul)

8. Dupa dealuriMás allá de las colinas (Cristian Mungiu)

9. Killing Them Softly (Andrew Dominik)

10. Anacos (Xacio Baño)

Iván Villarmea Álvarez

1. Tabu (Miguel Gomes)

2. The Master (Paul Thomas Anderson)

3. Blancanieves (Pablo Berger)

4. Holy Motors (Leos Carax)

5. Moonrise Kingdom (Wes Anderson)

6. Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas)

7. Dans la maison (François Ozon)

8. Arraianos (Eloy Enciso)

9. Skyfall (Sam Mendes)

10. Killing Them Softly (Andrew Dominik)

Holy Motors (Leos Carax, 2012)

 CONSELLO DE REDACCIÓN

Eloy Domínguez Serén

1. A Última Vez Que Vi Macau (João Rui Guerra da Mata & João Pedro Rodrigues)

2. Leviathan (Verena Paravel & Lucien Castain-Taylor)

3. Csak a szél (Benedek Fliegauf)

4. Tabu (Miguel Gomes)

5. In Another Country (Hong Sang-soo)

6. Bestiaire (Denis Côté)

7. Ensayo Final para Utopía (Andrés Duque)

8. Like Someone in Love (Abbas Kiarostami)

9. Después de Lucía (Michel Franco)

10. Blancanieves (Pablo Berger)

Iván García Ambruñeiras

1. Sweet Exorcism (Pedro Costa, dentro do filme colectivo Centro Histórico)

2. Autrement, la Molussie (Nicolas Rey)

3. Amour (Michael Haneke)

4. Sangue do meu sangue (Joao Canijo) [montaxe de 2012]

5. Vous n’avez encore rien vu (Alain Resnais)

6. The War (James Benning)

7. El muerto y ser feliz (Javier Rebollo)

8. Like Someone in love (Abbas Kiarostami)

9. Leviathan (Lucien Castaign-Taylor, Verena Paravel)

10. In another country (Hong Sang-Soo)

Horacio Muñoz Fernández

1. Cosmopolis (David Cronenberg)

2. Museum Hours (Jem Cohen)

3. Leviathan (Lucien Castaing Taylor/  Vèrena Paravel)

4. Killing Them Softly (Andrew Dominik)

5. Moonrise Kingdom (Wes Anderson)

6. La noche de enfrente (Raul Ruiz)

7. Amour (Michael Haneke)

8. Arraianos (Eloy Enciso)

9.  A Vingaça de uma mulher (Rita Acevedo Gomes)

10. A última vez que vi Macau ( Joao Rui Guerra Mata/ Joao Pedro Rodrigues)

José Manuel Sande

1. O Gebo e a sombra (Manoel de Oliveira)

2. Cosmopolis (David Cronenberg)

3. Holy Motors (Leos Carax)

4. Skyfall (Sam Mendes)

5. Tabu (Miguel Gomes)

The Descendants (Alexander Payne)

The Anabasis of May and Fusako Shigenobu, Masao Adachi 27 Years Without Images (Eric Baudelaire)

8. Argo (Ben Affleck)

9. Leviathan (Verena Paravel e Lucien Castaing-Taylor)

Take Shelter (Jeff Nichols)

NOTA: The Descendants, The Anabasis of May andFusako Shigenobu, Masao Adachi 27 Years Without Images e Take Shelter non contan na votación ao ser filmes producidos en 2011 e estreados en festivais durante ese ano (en Toronto 2011, FIDMarseille 2011 e Cannes 2011 respectivamente)


O Gebo e a sombra (Manoel de Oliveira, 2012)

COLABORADORES

Miguel Blanco

1. O Gebo e a sombra (Manoel de Oliveira)

Bella addormentata (Marco Bellocchio)

La fille de nulle part (Jean-Claude Brisseau)

La belle epoque (Hou Hsiao-hsien)

Vous n’avez encore rien vu (Alain Resnais)

Saudade (Jean Claude Rousseau)

La noche de enfrente (Raúl Ruiz)

La madre (Jean-Marie Straub)

Romancing in Thin Air (Johnnie To)

Mekong Hotel (Apichatpong Weerasethakul)

NOTA: Nesta listaxe, O Gebo e a sombra leva os 10 puntos da primeira posición, mentres que os demais títulos levan 5 cada un.

 Paulo Cunha

1. Tabu (Miguel Gomes)

A torinói ló (Béla Tarr)

3. A Story for the Modlins (Sérgio Oksman)

Shame (Steven McQueen)

5. Amour (Michael Haneke)

6. Linha Vermelha (José Filipe Costa)

7. Torres & Cometas (Gonçalo Tocha)

8. Cesare deve morire (Paolo e Vittorio Taviani)

9. Estrada de Palha (Rodrigo Areias)

10. O Fantasma do Novais (Margarida Gil)

NOTA: A torinói ló e Shame non contan na votación ao ser filmes producidos en 2011 e estreados en festivais durante ese ano (A torinói ló en Berlín 2011 e Shame en Venecia 2011)

  Laura Menéndez

1. Tabu (Miguel Gomes)

2. In another country (Hong Sang soo)

3. L’âge atomique (Héléna Klotz)

4. Recoletos arriba y abajo (Pablo Llorca)

5. Leviathan (Lucien Castaing-Taylor & Véréna Paravel)

6. Spring Breakers (Harmony Korine)

7. O que arde cura (João Rui Guerra da Mata)

8. 21 Jump Street (Phil Lord & Chris Miller)

9. The five-year engagement (Nicholas Stoller)

10. De jueves a domingo (Dominga Sotomayor)

Daniel de Partearroyo

1. Leviathan (Lucien Castaing-Taylor & Véréna Paravel)

2. L’âge atomique (Hélena Klotz)

3. Spring Breakers (Harmony Korine)

4. Tabu (Miguel Gomes)

5. Tim and Eric’s Billion Dollar Movie (Tim Heidecker & Eric Wareheim)

6. Mi loco Erasmus (Carlo Padial)

7. Bestiaire (Denis Côté)

8. The Lords of Salem (Rob Zombie)

9. A última vez que vi Macau (Joao Pedro Rodrigues & Joao Rui Guerra da Mata)

10. Museum Hours (Jem Cohen)

Martin Pawley

1. Tabu (Miguel Gomes)

2. Leviathan (Lucien Castaing-Taylor & Véréna Paravel)

3. Like Someone in Love (Abbas Kiarostami)

4. A última vez que vi Macau (Joao Pedro Rodrigues & Joao Rui Guerra da Mata) / O que arde cura (João Rui Guerra da Mata) / Manhã de Santo António (Joao Pedro Rodrigues)

5. Viola (Matías Piñeiro)

6. Montaña en sombra (Lois Patiño)

7. O Gebo e a sombra (Manoel de Oliveira)

8. Cosmopolis (David Cronenberg)

9. Nichnasti pa’am lagan (Avi Mograbi)

10. El muerto y ser feliz (Javier Rebollo)

NOTA: Os sete puntos da cuarta posicións repártense do seguinte xeito: A última vez que vi Macau 3 puntos, O que arde cura 2 puntos e Manhã de Santo António 2 puntos.

  Julio C. Piñeiro

1. The Dark Knight Rises (Christopher Nolan)

2. Amour (Michael Haneke)

3. Cesare deve morire (Paolo & Vittorio Taviani)

4. Moonrise Kingdom (Wes Anderson)

5. The Perks of Being a Wallflower (Stephen Chbosky)

6. De rouille et d’os (Jacques Audiard)

7. Ruby Sparks (Jonathan Dayton & Valerie Faris)

8. Liberal Arts (Josh Radnor)

9. To Rome with Love (Woody Allen)

10. The Dictator (Larry Charles)

Daniel Ribas

1. Tabu (Miguel Gomes)

2. Amour (Michael Haneke)

3. Cesare deve morire (Paolo Taviani)

4. Girimunho (Helvécio Marins Jr.)

5. Reconversão (Thom Andersen)

6. O Gebo e a Sombra (Manoel de Oliveira)

7. Linha Vermelha (José Filipe Costa)

8. Holy Motors (Léos Carax)

9. Moonrise Kingdom (Wes Anderson)

10. The Perks of Being a Wallflower (Stephen Chbosky)

Nicolás Ruiz

1. Spring Breakers (Harmony Korine)

2. Chronicle (Josh Trank)

3. Holy Motors (Leos Carax)

4. To the Wonder (Terrence Malick)

5. Killing Them Softly (Andrew Dominik)

6. Mekong Hotel (Apichatpong Weerasethakul)

7. Skyfall (Sam Mendes)

8. Izmena (Kirill Serebrennikov)

9. Moonrise Kingdom (Wes Anderson)

10. Walker (Tsai Ming-liang)

Gonzalo Suárez López

1. Csak a szél (Benedek Fliegauf)

2. Holy Motors (Leos Carax)

3. Dans la maison (François Ozon)

4. Life of Pi (Ang Lee)

5. Küf (Ali Aydin)

6. Pietà (Kim Ki-duk)

7. Amour (Michael Haneke)

8. Kuma (Umut Dag)

9. El efecto K. El montador de Stalin (Valentí Figueres)

10. La cinquième saison (Peter Brosens / Jessica Woodworth)

Julio Vilariño Cabezas

1. Sangue do meu Sangue (Joao Canijo) [montaxe 2012]

– Amour (Michael Haneke)

– Autrement, la Molussie (Nicolas Rey)

– Duquesne Whistle (Nash Edgerton)

– O Gebo e a Sombra (Manoel de Oliveira)

– Leviathan (Lucien Castaing-Taylor, Verena Paravel)

– O Tasqueiro (Aki Kaurismäki, dentro do filme colectivo Centro Histórico)

– Outrasvozes (Alberte Pagán)

– Skyfall (Sam Mendes)

– Vous n’avez encore rien vu (Alain Resnais)

Mención especial: Holy Motors (Leos Carax) directa ao -3 das peores películas da historia do cinema

NOTA: Nesta listaxe, Sangue do meu sangue leva os 10 puntos da primeira posición, mentres que os demais títulos levan 5 cada un.


 

Comments are closed.