O mundo de Norman

VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual

Accésit ao Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Internacional: O mundo de Norman, de Antón Varela.

O xurado quixo distinguir cun accésit a obra de Antón Varela. “Un ensaio pensado e traballado dende a imaxe que, identificando constantes na obra do realizador experimental Norman McLaren, permite divulgar o seu cinema cun discurso accesible. Moi ben editado e investigado”.

*Os premios naceron en 2017 para estimular a produción de ensaio e videoensaio en lingua galega e para reivindicar a figura da escritora e xornalista María Luz Morales. Contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.

Comments are closed.