Il sol dell’avvenire, de Nanni Moretti

Cando pensaba en como abrir este texto só me viñan á cabeza as críticas que levo vendo varios días circular por redes. Todas coincidían en que o último filme de Nanni Moretti, Il sol dell’avvenire (2023), era das mellores cousas deste ano. Eu, que sempre fun de meterme onde non me chaman, igual que Nanni interrompendo a rodaxe de Giuseppe, veño dicir algo que non lle lin... Ler máis
O trio em mi bemol, de Rita Azevedo Gomes

Na década de 1950, xorde en Francia un dos máis poderosos movementos cinematográficos: a Nouvelle Vague. Os artistas desta corrente rebélanse contra as estruturas cinematográficas dominantes ata o momento e reinventan a forma de facer cinema. Son novos e dominan a vangarda do sector durante anos. Unha das súas figuras máis relevantes é Éric Rohmer, autor de obras como... Ler máis
La mala familia, de Nacho Villar e Luis Rojo

A falsa sensación de liberdade de decisión Todos somos fillos de alguén. Todos tivemos nalgún momento un familiar que mirou por nós, e probablemente outro que só quixo afundirnos. Non escollemos quen leva o noso sangue, o único que podemos facer é tratar de asumir a nosa árbore xenealóxica o mellor posible. O que si podemos escoller son as nosas amizades, a familia que... Ler máis
20.000 especies de abejas, de Estíbaliz Urresola

20.000 especies de abejas, de Estíbaliz Urresola Non é doado falar das infancias trans. E máis aínda neste momento, á sombra dos debates xurdidos en torno á nova Lei Trans e ao dereito á autodeterminación. Córrese o risco cando se constrúe unha narrativa en torno á realidade da infancia trans de converter todo nun exercicio violento de fetichización e deshumanización,... Ler máis
Scarlet, de Pietro Marcello

A desorde do estético O director Pietro Marcello aposta por mostrarnos a beleza dun atardecer constante na súa obra Scarlet (2022), referenciando ideas da obra literaria de Alexander Grin, Scarlet Sails (1923), pese a non poder falar dunha adaptación directa. Unha historia de posguerra entregada ao amor en todas as súas formas: bonito, frustrante e político. Un amor que fía... Ler máis
Los reyes del mundo, de Laura Mora

Un trono de ladrillo “Aos individuos correspóndenos indignarnos; aos gobernos reflexionar e actuar”, con esta frase de Michel Foucault comezaba a fiar a directora colombiana Laura Mora o seu primeiro filme, Matar a Jesús (2017), para somerxernos nunha obra crúa e inxusta, mais contada dende un punto de vista acomodado, dende as clases que tiñan o privilexio de pensar. En... Ler máis
O triángulo da tristeza, de Ruben Östlund

O mecanismo que mantén un cruceiro a flote componse dunha gran cantidade de pequenos elementos de enxeñería, que sen ser moi atractivos de por si, traballan xuntos dende o anonimato para crear esa preciosa imaxe final dunha embarcación capaz de navegar os mares. Se algún destes pequenos e descoñecidos elementos falla ou non se comporta como debería, todo o sistema... Ler máis
Decision to Leave, de Park Chan-wook

O cinema é unha forma de narrar historias. Varias disciplinas artísticas cumpren con esta descrición, como a literatura ou o teatro, pero todas se diferencian na súa forma de chegar ao público. O audiovisual desenvolveu co paso dos anos unha linguaxe propia que foi evolucionando e afastándose do resto de artes. Consegue xerar sensacións, sentimentos e ambientes únicos que... Ler máis
O corpo aberto, de Ángeles Huerta

O corpo aberto é a segunda longametraxe de Ángeles Huerta — baseada no relato Lobosandaus (1991), de Xosé Luís Mendéz Ferrín —, e a primeira de ficción, aínda que o rexistro da acción e a radiografía sociolóxica ben documentada sobre esa Galicia fronteiriza de comezos do século XX poida levarnos a pensar o contrario. Porén, co paso dos minutos, é fácil decatarse,... Ler máis
Dúo, de Meritxell Colell

A VIAXE DA CINEASTA / A VIAXE DA COREÓGRAFA En 2018 Meritxell Colell asinou unha das óperas primas españolas da tempada, Con el viento. Nesta traballou coa coreógrafa Mónica García nunha historia que a seguía dende Bos Aires, o seu lugar de traballo e residencia, ata as súas orixes nunha vila de Burgos, practicamente abandonada, á que acudía pola morte de seu pai. Alí... Ler máis