PETER GREENAWAY: HEDONISMO E SIMETRÍA

Revisamos o cinema de Peter Greenaway cun videoensaio que repasa os seus fetiches e os seus temas recurrentes. Os seus filmes, mestura de intriga e universos estraños, adoitan disporse de forma milimétrica, simétrica, coma se estivesemos ante un xogo de espellos. Nesta presentación case cartesiana, as personaxes festexan o hedonismo entre comida e corpos espidos, nunha voráxine de tentacións que non sempre acaba ben.

Comments are closed.