ROSETTA BY HERSELF

Nestes días de cuarentena que nos tocou vivir, púxenme a traballar nun deses vídeos que me da por facer ás veces, esta vez sobre Rosetta, unha película belga de 1999, dirixida polos irmáns Dardenne, que fala dunha xove de 17 anos que busca traballo desesperadamente para saír do duro entorno no que vive.

Este filme axudou a que en Bélxica votasen a favor da agora popularmente denominada “Ley Rosetta”, que xunto con varias reformas xuvenís, prohíbe aos empresarios pagarlle aos traballadores adolescentes menos do salario mínimo profesional.

Con isto quero resaltar a importancia do cine, das historias e da Arte nas nosas vidas. Quen foi capaz de pasar esta cuarentena sen ver unha peli, sen ler un libro, sen escoitar unha canción, sen tocar un instrumento, sen pintar, sen debuxar, sen escribir, sen cantar ou sen que lle conten unha mínima historia? A arte fainos persoas máis libres, máis empáticas. A arte axuda, a arte sana, a arte muda, a arte narra.  Desde aquí, sen meterme en políticas, só dicir, vivan os titiriteiros.

Gozade do vídeo e da nova normalidade.

Deixa o teu comentario