SPAGHETTIS À LA BOLOGNAISE

A interacción dos personaxes coa comida ocupa un rol bastante visible e importante durante o desenvolvemento da película La Vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013). Este videoensaio tenta seguir este fío condutor, marcado sobre todo polos espaguetis e as ostras, para explorar o mundo interior da protagonista Adèle.

Os espaguetis boloñesa era a comida que a nai de Adèle mellor dominaba e reunía a familia á hora da cea. Con todo, durante este momento de reunión non había moito intercambio de palabras e menos emocións, senón que todo o mundo miraba a tele monotonamente mentres masticaba.

Cando Adèle se atopa no núcleo dun novo entorno, xa lonxe da familia e xunto con Emma, ela herda naturalmente o papel da súa nai e convértese na persoa que prepara e serve silenciosamente este prato típico aos demais. Con todo, Emma trouxo novos elementos a esta relación, representados polas ostras, un símbolo provocador da creatividade que nunca estivo na mesa da familia de Adèle. O son descoñecido de tragar as ostras contrasta co silencio de Adèle e produciu unha fenda inevitable…

Comments are closed.