STREETWISE: RECOMPOÑENDO IMAXES E XÉNERO

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018

(Le o texto na súa versión orixinal en portugués aquí)

Recompoñer imaxes, recompoñendo o xénero. No fondo, esta é a proposta, a partir de Streetwise, de Martin Bell, e da teoría da performatividade de Judith Butler. E de que forma nos axuda a montaxe, o colado, a re-ver os xestos máis cotiás? Comparándoos, sobrepoñéndoos, mutilando e manipulando. Voces que se trocan, corpos que se tocan e se trocan, agora “home”, agora “muller”. E que corpos son estes que Bell filma nas rúas de Seattle en plenos anos 80? Corpos en trance, en tránsito. Corpos de nenos e de adultos, incluídos na súa exclusión. Homo sacers, figuras de proa do moderno bio-poder en que prevalece o “facer vivir e deixar morrer”, como diría Foucault. Contra a disciplinarización dos corpos, devires que son xestos de resistencia.

Agora, o que Butler viu a defendendo, na senda da teoría postfeminista, é que as sociedades modernas encerran en si unha orde, obviamente binaria, de concordancia entre o sexo biolóxico, o xénero e o desexo. Ou sexa, se se nace con pene, es home, logo desexanse mulleres e viceversa. Esta orde sería actualizada a través da repetición de actos, xestos e signos construídos culturalmente. O xénero sería entón non só a inscrición cultural do sexo biolóxico mais tamén o elemento chave ao mantemento desa orde e a unha certa idea de estabilidade.

Así, Butler resiste a normatización (incluíndo a normativización dentro da comunidade homosexual) e incluso a noción de identidade, que implica unha certa construción fixa impedindo por iso calquera fluctuación, liquidez ou ambigüidades, por exemplo, entre xéneros ou desexo no propio individuo. A performatividade en Butler asenta entón ese movemento polo cal nos convertimos en aquelo que somos a cada momento ou a cada xesto.

Comments are closed.