IKARIE XB 1, de Jindrich Polák

Nunha das escenas paradigmáticas de Ikarie XB 1 (Jindrich Polák, 1963) Michael, un dos protagonistas, percorre os corredores da súa nave espacial movido pola desesperación tras ser contaminado pola radiación dun corpo astral descoñecido. Polák, na que fora a súa primeira incursión no xénero, escolle rodar esta secuencia desde a distancia, compoñendo un todo xeométrico entre o corpo do cosmonauta e as parades circulares da nave. Para todo espectador contemporáneo,... Ler máis

THE TREE OF LIFE, de Terrence Malick

MALICK, DEUS DA CINEFILIA · Resulta curioso que a cinefilia aínda conte con certos ídolos (no sentido máis relixioso da palabra) nun momento no que a tiranía dos mercados gañou a batalla, afastando todo rastro de espiritualidade das nosas vidas cotiás. Que precisamente o obxecto de adoración desta tempada sexa The Tree of Life, de Terrence Malick, non deixa de ser irónico, dado que o filme é un tratado teolóxico en toda regra. Co Kubrick de 2001: A Space Odyssey como... Ler máis