NUMAX E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN DVD+LIBRO DE LE LION EST MORT CE SOIR

NUMAX e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores da revista cun exemplar do DVD + Libro do filme Le lion est mort ce soir (Nobuhiro Suwa, 2017). O pack, que xa está á venda na Libraría Numax, inclúe, ademais do filme, subtitulado ao galego e castelán, unha masterclass de Nobuhiro Suwa no Festival de San Sebastián de 2017, as probas de casting de Jean-Pierre Léaud cos nenos do filme, un libro de 96 páxinas con diferentes textos do director,... Ler máis

WESTERN, de Valeska Grisebach

Un grupo de traballadores alemáns chega a un lugar inhóspito da fronteira entre Bulgaria e Grecia para levar a cabo as obras dunha planta hidráulica. Nunha área montañosa e practicamente despoboada, comezan a desenvolver unhas dinámicas de traballo que dalgunha maneira afectarán os poucos paisanos da zona, quen os miran con receo. Só un deles, amigo dos cabalos salvaxes da contorna, chamado “o novo” polos operarios teutóns e que recibe o alcume do “lexionario”... Ler máis

F.J OSSANG E A SUBVERSIÓN: CINEMA PUNK E FILME NOIR

Anotación: Este texto é unha versión rectificada do orixinal de 2017. No momento da súa publicación, o texto non incluía as fontes bibliográficas. “1, 3, 5, 7, 12 & RETOUR AU CHAOS!” F. J. Ossang é probablemente o único cineasta capaz de concebir unha película en branco e negro sobre loitas clandestinas de gladiadores punk underground a ritmo de música psychobilly. Poeta, músico, cineasta e actor; falar de Ossang é falar de subversión e delirio á deriva... Ler máis