Novos Cinemas 2021: Sección Oficial

Eles transportan a morte, de Helena Girón & Samuel M. Delgado Sempre resulta estimulante achegarse a Novos Cinemas, unha cita ineludible que adoita pechar o noso calendario de festivais. Na súa sexta edición, o encontro pontevedrés non fixo máis que afianzar o espírito que o caracteriza: ofrecer un espazo humilde, coidado e comprometido coas novas voces. Unha oportunidade ideal para “tomar o pulso” ás correntes cinematográficas actuais e descubrir pequenas xoias... Ler máis

O mellor de 2021

Seguindo o espírito aberto no 2020, e fuxindo dun mero resumo do realizado no 2021, A Cuarta Parede volve preguntar ás súas colaboradoras polo repaso do ano. Un repaso libre, onde cinema e vida forman parte do mesmo: porque non entendemos a vida sen cinema, e porque hai máis vida alén do cinema. Onde unha viaxe, un libro, un filme ou unha canción ocupan o mesmo lugar. Porque as cousas están suficientemente mal como para poñernos exquisitos. En A Cuarta Parede apostamos... Ler máis

Curtocircuíto 2021: Planeta GZ, reciclaxe fílmica

Augas abisais, de Xacio Baño Curtocircuíto volveu a Santiago de Compostela un ano máis como un dos festivais con programacións máis frescas e arriscadas de toda Galicia. Asistimos a Planeta GZ, onde se agrupan algunhas das curtametraxes máis destacables do panorama autonómico do último ano. Chama a atención, unha vez máis, o choque xeracional cada vez máis consolidado que existe —e toda a diversidade que esta ponte supón—, entre voces habituais como Eloy Domínguez... Ler máis

Play-Doc 2021: Dun tempo e dunha terra

Esquirlas (Natalia Garayalde, 2020) O Play-Doc, festival internacional de cinema documental de Tui, celebrou entre os pasados 22 e 26 de setembro a súa decimo sétima edición. Ademais de ofrecer a oportunidade de asistir por primeira vez en España a retrospectivas de históricos cineastas do xénero, como Manfred Kirchheimer ou Bette Gordon, presentou, como vén sendo habitual, unha coidada selección de filmes na súa sección oficial, composta nesta ocasión por tan só cinco... Ler máis