FICBUEU 2023: Sección Oficial 6 — Unha sesión de contrastes

Arquitectura emocional 1959, de León Siminiani Talvez a mellor forma de abordar esta última sesión sexa pensando as súas películas desde o contraste. O amplo abanico de actitudes —cinematográficas, vitais— que reúne o programa faise patente no abismo que separa a primeira e a última proposta: empezamos o noso percorrido cos planos xerais de Arquitectura emocional 1959 (León Siminiani), onde os personaxes son apenas dúas figuras afastadas e esquemáticas, e acabámolo... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 5 — Da paternidade e a espera

Alicia fai cousas, de Ángel Santos Nesta sesión, coma se dun exercicio de montaxe se tratase, pasamos dunha película a outra mediante xustaposicións que se enchen de significado. Hai un corte brutal entre a primeira e a segunda peza —esa transformación radical dun tempo morto—, outro máis sutil entre a segunda e a terceira —da ausencia de ambos os proxenitores á ausencia da nai—, e un terceiro corte que se funda nunha continuidade da relación pai-fillo. Alicia... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 4 — Proximidades e distancias

Invincible, de Vincent René-Lortie Talvez unha das cuestións máis interesantes que se nos expoñen nesta sesión, marcada pola forza das historias persoais, é o grao de proximidade que cada unha das películas establece cos seus personaxes. Hai en todas elas unha gran presenza que enche a pantalla e que constitúe o centro de gravidade da obra: Marc, Cecilia, Booker, Eden; e, con todo, a cámara conxuga as distancias de forma moi diferente en cada un dos casos. Os rostros... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 3 — Formas da dor

Ulises, de Félix Brixel A pegada profunda da dor percorre esta sesión. Cada cineasta achégase a esa dor metamorfoseante desde os xiros dunha linguaxe propia, pero co denominador común da empatía. Pasamos das doenzas físicas, que imprimen o seu rastro nos corpos que sofren, ás doenzas silenciosas que roen a alma; en máis dunha ocasión, estes corpos ao bordo da quebra sinalan á vez o fracaso dun sistema deshumanizador. Ulises (Félix Brixel) trasládanos a unha paraxe... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras

Aqueronte, de Manuel Muñoz Rivas Empezamos a viaxe cunha néboa densa que esvaece os contornos das cousas. Vemos apenas unhas árbores altas, mexidas polo vento, mentres un ruído de auga e de cadeas vai debuxando a escena máis aló da imaxe: desprazámonos sobre un barco que se adentra no río. O título da película, Aqueronte (Manuel Muñoz Rivas), alude ao río que as almas dos mortos cruzaban na barca de Caronte. As resonancias do mito operan sobre a base da cotiandade... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 1 — Cinco olladas cara a madurez

Dang wo wang xiang ni de shi hou, de Huang Shuli A pasaxe da infancia cara a unha primeira madurez é un tránsito misterioso, gradual e inexacto que o cine tratou de relatar desde os seus comezos. Nas cinco películas que compoñen esta sesión, uns poucos minutos bastan para dar conta dun tempo que se acaba e doutro que empuxa por nacer mentres acompañamos aos personaxes —algúns moi novos, outros xa nunha adultez temperá— nas súas respectivas procuras por comprender... Ler máis

Curtas Vila do Conde 2023: Outros camiños

Terra Mater, de Kantarama Gahigiri (2023) Formas dun cine militante Atopamos, na competición internacional do Curtas Vila do Conde 2023, varias películas que se sitúan nas marxes da ficción para abordar de forma directa unha serie de temas de carácter político. A súa afinidade non xorde tanto desas formas híbridas ou imprecisas, senón dun espírito militante que explora activamente maneiras de concretarse na materia cinematográfica. Entre elas está Fala da terra (Benjamin... Ler máis

Curtas Vila do Conde 2023: Camiños da ficción

Natureza humana, de Mónica Lima (2023) “A procura leva implícita a forma da esperanza (…) e a esperanza inclúe, en si mesma, o dinamismo da procura.” Leo estas palabras do filósofo catalán Josep Maria Esquirol no tren de volta a Porto tras uns días no Curtas Vila do Conde, que este ano celebrou a súa 31.ª edición, e paréceme recoñecer nelas unha síntese do que supón un festival destas características. Poderiamos dicir que a curtametraxe é un formato que privilexia... Ler máis