A ESPADA E A ROSA, de João Nicolau

É con esta frase que Manuel se despide dos seus compañeiros de aventura e parte de novo para o descoñecido. Mais acaba esta odisea da mesma forma que a comezara, perdido e desilusionado co mundo que o rodea. A Espada e a Rosa desdóbrase en tres actos, cada un caracterizado por un espazo distinguido e por coordenadas cada vez máis irrealistas e delirantes. A medida que o filme se desenvolve, imos abandonando cada vez máis as referencias “realistas” para nos mergullar... Ler máis

MIGUEL GOMES: POESÍA E IMAXINACIÓN

Miguel Gomes é un dos novos autores máis interesantes e un dos que máis teñen destacado no cinema portugués da última década. Creativa e singular, a obra fílmica de Miguel Gomes, que xa conta máis dunha década de actividade produtiva, presenta características ou particularidades recorrentes que comunican, invariabelmente, coas súas referencias cinéfilas, estéticas e éticas: un ollar persoal, confesional, autobiográfico, sociolóxico, contemplativo, subxectivo,... Ler máis