CORPO E ALMA: O CANON (EN CONSTRUCIÓN) DE DAVID CRONENBERG

  Hai case unha década que calquera comentario sobre o cinema de David Cronenberg bate sempre na mesma cuestión: eran mellores os seus filmes ‘sucios’ sobre a ‘Nova Carne’ ou, pola contra, os seus filmes ‘limpos’ sobre personalidades escindidas van alén dos primeiros? Ao tratarse dun artista en activo, o seu canon aínda está en construción: a cinefilia que lle leva seguindo a pista dende os anos setenta confronta forzosamente os seus novos filmes cos títulos... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 6: CHAMANDO AS COUSAS POLO SEU NOME

Imaxinemos un mundo fantástico no que as persoas se comportan como verdadeiros seres humanos, non faltos de picaresca, pero limpos de prexuízos. Iso é Le Havre, a última xenialidade do finlandés Aki Kaurismäki. O realizador decántase polo retro para achegarse a un problema contemporáneo e retratar a esta santa comunidade que se preocupa polo próximo. Faino utilizando pequenos detalles coma un reloxo, un teléfono ou un tocadiscos, e rescatando do seu álbum de discos... Ler máis