BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (3/3)

The Salt of Tears, de Philippe Garrel © Rectangle Productions Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Continuamos coa nosa crónica da Sección Oficial da 70ª Berlinale. Os afeccionados á nouvelle vague sentiranse un pouco nostálxicos con The Salt of Tears, de Philippe Garrel, sobre todo pola súa paleta monocromática e os seus matices existenciais. A película segue a vida de Luc (Logann Antuofermo), mentres vive as súas primeiras experiencias amorosas e intenta... Ler máis

SEFF 2019 (I): AUTOFICCIÓNS E PANTASMAS

The Souvenir (Joanna Hogg) A retrospectiva dedicada polo Festival de Sevilla á británica Joanna Hogg deu o seu pistoletazo de saída coa estrea en España da súa cuarta longametraxe, o mesmo que este ano lle está a brindar unha repercusión internacional superior á obtida ata agora coa súa obra previa. Tal decisión de programación, comezar polo fin, resultaba lóxica por moitas razóns obvias, pero o certo é que ademais este filme entraña unha visión directa sobre si... Ler máis

ESTÁ DEUS CONVIDADO Ó APOCALIPSE?

“Cando todos desaparezamos non quedará ninguén aquí mais que a morte e os seus días tamén estarán contados. No medio da estrada, sen nada que facer e ninguén a quen facerllo. E dirá: Onde foron todos?” (1) Cormac McCarhty The Road DIVAGACIÓNS HUMANAS E DIVINAS NO OCASO DO MUNDO Vendo as diversas vertentes do cinema occidental apocalíptico programadas no recente Festival de Sitges, un podería pensar que Deus xa non ten vela no enterro do xénero humano. En efecto,... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis

MÁIS ALÓ DA ÚLTIMA FRONTEIRA

Dicíao Merovingio en Matrix Reloaded (The Wachowski Brothers, 2003), só hai unha verdade no universo: a causalidade, por cada acción hai unha reacción. Por iso non é de estrañar o fenómeno que, a modo de liña argumental, seguiu o festival de Sitges deste ano. Aínda que oficialmente a presente edición estaba dedicada ao mundo da intelixencia artificial algo se moveu de forma soterrada pero evidente: a profusión de filmes cuxa lectura trasládanos á inquietude pola... Ler máis