Mandibules, de Quentin Dupieux
O verán adoita a ser o momento no que o cinema se enche de propostas lixeiras que non atoparon espazo durante o resto do ano. Así, é normal que un dos xéneros que máis aparezan nas carteleiras sexa o da comedia: nada entra mellor cando aperta a calor que o aire acondicionado da sala de cinema e 90 minutos de risas. Con todo, tamén é o clima perfecto para arriscar con filmes que non adoitan ter un gran público pero que, o que teñen, é fiel. Recoñezo que esta situación... Ler máis
“GUSTARÍAME SEGUIR FACENDO FILMES COMO ‘GENTE EN SITIOS’, MAIS A MIÑA COTA DE FAVORES XA SE ESGOTOU”. ENTREVISTA CON JUAN CAVESTANY
“Épocas estrañas requiren filmes extremos…”. Así preconizaba, coma se fose un agoiro, o tráiler de Dispongo de barcos (2010), un filme quimérico co que Juan Cavestany (Madrid, 1967) comezaba en 2010 a súa triloxía “feita a man”. Antes diso, o director coqueteara coa comedia española máis bizarra en El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo (2004) ou a máis negra con Gente de mala calidad (2008). Mais hai catro anos, Cavestany decidiu dar un xiro de 360... Ler máis
Procesos #16 – Alberto Gracia
O paso de Alberto Graciaipor Róterdam foi fugaz, non porque quedase poucos días na cidade holandesa, senón porque con el o tempo pasa rapidamente. Atopámonos por primeira vez en Cinerama, no primeiro pase da súa película, a “Estrea Mundial”. Todo sexa dito, ao equipo desta pequena produción de 10,000 euros, o titular parécelles un tanto absurdo. Aínda que o “absurdo” é, en palabras de Gracia, o tema central deste “experimento”. Xunto a Alberto chega Felipe... Ler máis