DISIDENCIA: CARA UN NOVO CINEMA POLITICO

Ici et alleurs (Jean-Luc Godard, 1976) “Hoxe semella máis sinxelo imaxinar o final do mundo que ofrecer unha alternativa á orde dominante. Non temos un contraplano”. Arredor desta reflexión dispárase o ensaio Figures of Dissent: Cinema of Politics / Politics of Cinema de Stoffel Debuysere, que vén de ser publicado nun elegante formato de tapas brancas que se vai manchando de a pouco segundo se avanza na súa lectura. En forma de seis cartas a diferentes cineastas, artistas... Ler máis

(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN

Agradezo antes que nada a paciencia dos directores de A Cuarta Parede con respecto a este artigo, co cal me comprometín hai xa un tempo. Ao mesmo tempo gustaríame darlles as grazas por ofrecer un espazo para reivindicar e dar a coñecer ao que considero un cineasta fundamental do século pasado no panorama europeo, e ao que, segundo a miña humilde opinión, non se lle ten tido na consideración que merecería. Mais, como todo nesta vida, esta valoración é subxectiva, porén... Ler máis

“SEMPRE TRABALLO CON MATERIAL ENCONTRADO, CO MEU PROPIO MATERIAL ENCONTRADO”

Alberte Pagán (O Carballiño, 1965) é un francotirador do cinema. Grava case por compulsión, botando man do que ten preto, ata o punto de que a súa propia casa en Porto do Son é o escenario máis habitual nos seus filmes. E con eses pequenos anacos do cotián constrúe o seu discurso cinematográfico, barallando imaxes ás que xa lles outorga entidade propia no momento que saen da súa cámara. O seu nome fíxose coñecido en 2006, cando “por causas alleas” gañou o... Ler máis

CARLOS, de Olivier Assayas

XEOPOLÍTICA DO TERRORISMO E DA IMAXE TRANSNACIONAL ·  O ‘trans’ está de moda: transnacional, transxenérico, transmodernidade. Algo ‘trans’ é algo que vai ‘alén de’, un termo que inclúe e supera os conceptos sobre os que se apoia. Por iso, o ‘transnacional’ vai alén dunha única nacionalidade, e o ‘transmoderno’ é aquilo que procede da modernidade mais que tamén inclúe a postmodernidade. Vivimos nun tempo ‘trans’. Queremos daquela un cinema... Ler máis