CHUVA É CANTORIA NA ALDEIA DOS MORTOS, de João Salaviza e Renée Nader Messora

Realidade e ficción na aldea de Pedra Branca Chuva é cantoria na aldeia dos mortos comeza co encontro á luz da lúa, diante unha fervenza no corazón do bosque, de Ihjãc coa sombra do seu pai morto, que dispara a ficción: «“Ihjãc, podes verme?”, “Non, pero podo escoitarte”, “Estaste a esquecer do meu banquete funerario. Levo un tempo deambulando só por aquí, no frío da noite. Date présa en celebralo. Só así poderei partir cara á miña aldea [dos mortos]”». Coma... Ler máis

DIANA TOUCEDO: “QUERÍA QUE A CÁMARA FOSE UNHA PERSONAXE MÁIS, QUE VIVISE DESDE DENTRO A HISTORIA”

A directora Diana Toucedo presentou a súa primeira longa, Trinta Lumes, no Play-Doc 2018. Despois da boa acollida en diversos festivais de importancia coma o Festival de Málaga e a Berlinale, Play-Doc sumábase ás citas onde o filme de Toucedo saía con boas críticas. Falamos coa directora sobre o proceso de creación, as influencias culturais e máis. Xa tes traxectoria gravando en Galicia. Como xorde a idea de gravar no Courel? Levaba dez anos en Barcelona e alí aprendín... Ler máis

PERPETUUM MOBILE, de Nicolás Pereda

Grazas aos criterios inclusivos dos seus programadores, a décima edición do Play-Doc de Tui ofreceunos unha completa retrospectiva da traxectoria do cineasta Nicolás Pereda. Agora ben, se aceptamos que a obra deste mexicano non é documental per se, talvez esteamos a crear un incómodo baleiro taxonómico que nos empurrará a definir que é entón o que fai este realizador, camiñando entre incómodas aclaracións sobre a non ficción e os xéneros híbridos. Si, utiliza métodos... Ler máis