PATERSON, de Jim Jarmusch

Tódolos días son igual de diferentes. As nosas rutinas poden resumirse nun feixe de verbos e substantivos que non mudan dun día para outro, mais as diferenzas están nos adxectivos, nas emocións que nos acompañan, nas persoas que atopamos, nas conversas que temos. O mundo está á nosa espera: só fai falla saír da cama. Por iso, Jim Jarmusch comeza cada un dos oito fragmentos que forman o seu último filme coa mesma imaxe: un plano cenital do protagonista acordando na... Ler máis

CANNES DÍA 6: OLIVER LAXE CONQUISTA A CROISETTE

Chegou unha das xornadas máis esperadas deste Cannes 2016, pois hoxe presentouse na Semana da Crítica Mimosas (Oliver Laxe, 2016), filme que suscitou o aplauso entusiasta do público e que está a ser ben recibido pola crítica. A segunda longa do director de Todos vós sodes capitáns (2009) pouco ten que ver con esta. Unha caravana no Atlas marroquí leva un home ao seu lugar de repouso. Con esta sinxela liña argumental, Laxe constrúe unha cinta contemplativa e con diálogos... Ler máis