NOVOS CINEMAS 2017: LITERATURA E REPETICIÓN

Hermia&Helena (Matías Piñeiro, 2016) Ao longo da historia do cinema, William Shakespeare ten dado adaptacións tan dispares como as clásicas de Kenneth Branagh, os moitos Romeos e Xulietas ou os traballos recentes de Joss Whedon (Much Ado About Nothing, 2012) ou Justin Kurzel (Macbeth, 2015). Textos, diálogos, repetidos que nunca chegan a ser os mesmos; cada versión leva o selo do seu director, acertado ou non, tratando de traducir as palabras do ‘bardo inmortal’... Ler máis

A VINGANÇA DE UMA MULLER, de Rita Azevedo Gomes

A película abre, lentamente, cos títulos de crédito sobre un vermello telón. Como a modo de advertencia, a directora presentanos o que será a tónica do filme: unha posta en escena absolutamente teatral que consegue fuxir das habituais grallas do chamado “teatro filmado”. E é que non estamos ante unha mera adaptación teatral, xa que A vingança de uma muller consegue exprimir ata a perfección os recursos do cinema para crear unha obra a cabalo entre o texto escrito,... Ler máis