DOCUMENTAMADRID 2019: CON UÑAS E DENTES

Antes de encarar a décimo sexta entrega de DocumentaMadrid, terceira baixo a dirección de Andrea Guzmán e David Varela, cabía intuír nela o signo inequívoco da consolidación. Reto importante, dado o satisfactorio xiro que o certame madrileño, consolidado na oferta cultural da capital, experimentou dous anos atrás cara a unha diversidade ben asumida, recuperando así o espírito dos seus combativos inicios a mediados da década pasada. Facíao coa renovada Cineteca como... Ler máis

AMAR, BEBER E CANTAR: O CINEMA EPICÚREO DE OTAR IOSSELIANI

Un dos motivos polos que coñecemos a obra de Otar Iosseliani ao sur dos Pirineos é grazas á súa conexión basca: o Donostia Zinemaldia adicoulle unha primeira retrospectiva aló polo 2001, e agora, hai pouco máis dun mes, o último Punto de Vista programou media ducia dos seus filmes, entre os que se atopaba a mediometraxe televisiva Euskadi été 1982, da que xa falamos nunha das nosas crónicas dese festival. A inclusión desta peza no ciclo Chez les Basques serviu para... Ler máis

UNA MUJER EN ÁFRICA, de Claire Denis

ESTA TERRA É MIÑA ·  Nun dos momentos máis belos de White Material, Maria (Isabelle Huppert), empequenecida e ataviada cun estival vestido rosa, queda soa nun campo; coa mirada ladeada a un infinito que semella non atopar. Detrás dela contemplamos un camiño de terra, áspero, que se alonga varios metros cara adiante. O camiño está resgardado por altos arbustos verdes e algunha que outra árbore que dan conta do salvaxe do lugar. Parece como se Maria tivese quedado atafegada,... Ler máis