FREE RADICALS: RESEÑA CORRESPONDENCIA(S)
Queridos Víctor e Eloy: Primeiro de todo, presento as miñas escusas. Envío con moita demora –encargada hai meses- esta recensión da edición en DVD das Correspondencia(s). Como xa sabedes, foi editada no ultimo outono por Intermedio, o selo videográfico barcelonés de culto, unha empresa cultural de (merecido) prestixio, consecuencia da laboriosidade na selección do seu catálogo, na confección da edición mesma, do mimo e coidado establecidos en todo o proceso. E un... Ler máis
CINEMA E EDUCACIÓN EN FRANCIA
Le aquí o texto na súa versión orixinal francesa Francia é aínda hoxe, indiscutiblemente e a pesar dunha recente regresión, o país onde existe a tradición máis antiga e a máis desenvolvida entre o cinema e o sistema educativo. As razóns son evidentemente históricas e políticas. É unha longa historia que se orixina na Segunda Guerra Mundial, onde os comunistas e os católicos combateron xuntos na Resistencia. Ao saír da guerra, pensaron que unha educación popular... Ler máis
CINEMA EN CURS
A EXPERIENCIA DA CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA NA ESCOLA E O INSTITUTO Cinema en curs é un proxecto de pedagoxía do cine con tres grandes obxectivos: propiciar un descubrimento do cinema polos nenos e novos, explorar as potencias pedagóxicas do cinema na escola e no instituto, e elaborar metodoloxías e propostas de transmisión do cine. Cinema en curs dá xeito a unha pedagoxía do cinema e ao mesmo tempo a unha pedagoxía co cine e a través del. É unha aposta polo cine (e... Ler máis
O CINEMA NO PEIRAO DE MADRID
O SÉTIMO ARTE NO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL A escola, dende sempre, sente horror ao baleiro e ao negativo. É verdade que forma parte da súa vocación ensinar a construír, antes de falar do que actúa ao contracorrente desta construción e que moitas veces é da orde das pulsións de creación (1) . A cuestión da presenza do cinema na escola e a súa transmisión ten múltiples caras e niveis de análise. Nun principio, un pregúntase se o cinema está ben representado,... Ler máis
OBRADOIROS DE VIDEOGRAFÍA E CINEMATOGRAFÍA PARA A XUVENTUDE
EXPERIENCIAS E METODOLOXÍAS EN CINEMA E EDUCACIÓN Cando, no curso académico 2005-2006, comecei a impartir obradoiros de vídeo nun instituto de Badia del Vallès, a miña proposta era basicamente filmar e proxectar unha serie de vivencias cun grupo de mozos e mozas duns 14 anos. Os grupos eran bastante grandes, até 30 alumnos, mais xogabamos coa dobre vantaxe de contar cunha profesora do centro responsábel da aula, e a propia motivación e curiosidade dos alumnos. Tratábase,... Ler máis
A HIPÓTESE DO CINEMA, de Alain Bergala
PEDAGOXÍA FÍLMICA · É un lugar común afirmar que a expresión audiovisual posúe máis ramificacións e posibilidades das que nunca tivera. Mais en plena voráxine deste amplo conglomerado, o cine, precedente e/ou compañeiro afamado e máis visible das restantes manifestacións, tenta conservar ou procurar a súa especificidade. Porén, a súa presenza nas etapas formativas académicas fica apenas esbozada, un feito que acontece tanto en ensaios e tratados didácticos como... Ler máis
«A CRÍTICA LOGRA QUE OS FILMES DEIXEN PEGADA»
Alain Bergala, mítico redactor xefe de Cahiers du Cinéma, cineasta e autor de numerosos libros, entre os que destaca Nadie como Godard (ed. Paidós), estivo no CGAI para falar do director de Film Socialisme, e nomeadamente deste filme; amais de presentar a súa última película, Víctor Erice: Paris-Madrid, allers-retours. A cinta, que forma parte da serie Cineastas do noso tempo, parte da exposición Erice-Kiarostami, correspondencias, comisariada polo propio Bergala para... Ler máis
GODARD EXPLICADO ÓS APÁTICOS
Aínda que non existan traducións dos libros de Antoine de Baecque e Richard Brody sobre o cineasta francés, o mercado editorial en lingua castelá prové unha mostra interesante de ensaios, estudos, monográficos e biografías consagrados á figura de Jean-Luc Godard. Se facemos un rápido e breve repaso a modo de mero ‘título informativo’, habería que destacar: Pensar entre imágenes. Conversaciones, entrevistas, presentaciones y otros fragmentos, editado... Ler máis
