A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns

De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE D’A ESTACIÓN VIOLENTA’

  O cine é lento, moi lento. Sobre todo cando quere facerse de maneira audaz e á antiga usanza, na dun formato que se resiste a morrer, o celuloide. Os custos de produción obrigan a gastar a cantidade xusta de película. Na filmación dun plano devén case tan importante a planificación coma o que finalmente se captura no negativo. Sobre todo se este plano se trata dun longo travelling de dous minutos que ten lugar dende o inicio da rúa de San Bieto, a ruela que cruza... Ler máis