Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa

Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste en calibrar as cantidades xustas e necesarias para combinar o independente e novidoso co mainstream... Ler máis

Alcarràs, de Carla Simón

Alcarràs é unha pequena localidade rural preto de Lleida. A subsistencia da agricultura familiar é algo cada vez máis complicado, e a forma tradicional e menos invasiva de cultivar a terra está a desaparecer, principalmente pola inacción dos gobernos e as malas transicións propostas para un progreso que xa é imparable. O problema son os mecanismos e as forzas que actúan con este progreso, xa que nunca se debería falar de imposición, senón dun proceso equilibrado e... Ler máis