MÁRGENES 2019: EL PRESENTE. NARRACIÓN E VANGARDA

“Cinco cineastas, nacidos a ambos os dous lados do Atlántico, cuxos debuts ou consagracións autorais estreáronse este ano nos festivais internacionais de maior renome, representan o presente e o futuro dese cinema activista, pelexado nas marxes, que impulsou e abandeirou este certame durante nove edicións”. Así presenta o catálogo da novena edición do festival Márgenes a sección El Presente, dedicada ao cinema iberoamericano. A selección incluíu títulos de Brasil,... Ler máis

CINEMA EUROPEO NAS PLATAFORMAS DIXITAIS. O TEMIDO 30% DA COMISIÓN EUROPEA

A sala de cinema NUMAX O pasado mes de abril a Comisión Europea sorprendía cun comunicado de prensa no que se falaba de grandes avances nas negociacións de cara a contar cunhas normas máis equitativas e modernas nos servizos de comunicación audiovisual. Os xefes de Europa debatían sobre estes contidos e planeaban medidas lexislativas varias que pretendían, principalmente: o reforzo do principio do país de orixe; a mellora na protección dos menores contra os contidos nocivos;... Ler máis

ROMA, de Alfonso Cuarón

“Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos”. ― Jorge Luis Borges Máis aló das sempre limitadas listaxes e innumerables rankings que intentan debullar o “mellor do ano”, resulta evidente que algúns filmes marcan de xeito especial unha colleita cinematográfica. Cando atopamos unha desas cintas que logra acadar ao mesmo tempo o beneplácito case unánime da crítica especializada, o éxito en festivais internacionais... Ler máis

CONTAMINACIÓNS INTRARREFERENCIAIS: VIDEOXOGO E CINEMA, UNHA ESTÉTICA COMÚN

As vinculacións máis interesantes son as de transferencia emotiva que comparten ambos os dous medios. (IMAXE: ‘Mirror’s Edge’). 1 A xente adoita recordar, como momento temperán de intensidade vital, algunha das súas primeiras experiencias no cinema. Adoita recordar aquela iniciática película de mundos fantásticos e efectos incribles que lle permitiron soñar, a aqueles personaxes superheroicos de corpos hercúleos que salvan a humanidade, ou os tipos duros... Ler máis

O MELLOR DE 2013

A continuación lístanse os vinte títulos máis valorados da tempada cinematográfica 2013 polos colaboradores da revista. Máis abaixo pódense consultar as votacións individuais e os seus participantes. Cada listaxe, de dez títulos, outorga 10 puntos ao primeiro, 9 ao segundo, e así sucesivamente, a non ser que se especifique outra modalidade de puntuación. 1. La vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013) 100 puntos / 13 votos 2. The Act of Killing (Joshua Oppenheimer,... Ler máis