LAZZARO FELICE, de Alice Rohrwacher

LÁZARO O RESUCITADO NA CAVERNA DE PLATÓN [crítica con spoilers] Lazzaro vive xunto aos seus paisanos na vila de La Inviolata, un ambiente moi rural onde se traballa a terra ata a extenuación e onde el semella ser o último branco nunha longa cadea de explotación que comeza polas malas formas dunha marquesa que parecese sacada dun conto dos irmáns Grimm. O rapaz non é moi espelido, é un deses parvos sabios e, carecendo de miolo, desborda bondade e candidez. Diríase que... Ler máis

CANNES 2018 EP. 5: AS MULLERES REIVINDICAN A IGUALDADE SOBRE A ALFOMBRA VERMELLA

82 mulleres fronte a 1688 homes. Son as cifras das películas seleccionadas nos 71 anos de historia do festival de Cannes. Nunha edición na que só hai tres filmes na competición oficial dirixidos por féminas, e por iniciativa do colectivo francés 5050×2020, que pretende conseguir a igualdade con 2020 coma obxectivo, 82 artistas do mundo do cinema invadiron onte a alfombra vermella para reclamar esa igualdade, xusto na xornada na que se proxectaba a primeira das películas... Ler máis

SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO

Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis