Álvaro F. Pulpeiro: “Para evitar o exotismo tes que desmaterializarte, deconstruirte”

Tras o seu paso polo festival danés CPH:DOX, conversamos por vídeo-chamada con Álvaro F. Pulpeiro (Foz, 1990) con motivo da presentación da súa última longametraxe documental, Un cielo tan turbio (2021): unha road movie observacional que percorre as diferentes paisaxes industriais que compoñen as zonas fronteirizas de Venezuela, e que se detén a coñecer a aqueles que as habitan. Pulpeiro cóntanos máis sobre esta película que, aínda que fuxe de emitir xuízos morais,... Ler máis

Un cielo tan turbio, de Álvaro F. Pulpeiro

Baixo a auga, dirixindo a mirada cara á superficie, todos os océanos parecen o mesmo. Trátase dunha astuta ferramenta introdutoria: mergullarnos durante varios segundos, desorientados, preguntándonos onde estamos e a que imos asistir. Cando a cámara emerxe, a imaxe é negra e está presidida por unha labarada de lume; é só un aviso do que virá a continuación: retratos dun país convulso, descomposto, e do tránsito consecuente da súa poboación e as novas cotiandades... Ler máis

13ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: AIRES NOVOS

Fotografía: Denís Estévez Nesta edición a MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) volve traer á cidade compostelana as miradas que atravesan o globo cheas de incertezas, demandas, reflexións -mundanas e espirituais-, recordos… As películas presentadas este ano traen novidades tanto a nivel nacional como nas salas galegas, cumprindo de forma notoria coa súa calidade de espazo de exhibición. A Sección Oficial do MICE achegaba doce películas de tres continentes... Ler máis

ANA ESTÉVEZ: “A ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL É NECESARIA NA FORMACIÓN DE TODAS NÓS POLA SÚA UTILIDADE PARA ANALIZAR E DAR SOLUCIÓNS”

Ana Estévez [na palestra] durante a clausura da 13ª edición do MICE. Fotografía: Denís Estévez A 13ª edición da MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) do Museo do Pobo Galego trouxo case unha treintena de pezas, das cales doce conformarían a Sección Oficial, cun recorrido importante por festivais de prestixio como a Berlinale, Visions du Réel ou o ForumDoc Brasil. Neste contexto decidimos entrevistar á persoa que está detrás de todo isto cunha equipa de... Ler máis