O QUE ARDE, de Oliver Laxe

As magnas imaxes dun bosque sendo arrasado, revestidas de tanta épica coma dor, irrompen na pantalla. Pouco despois, un expediente penal pasa de man en man nun xulgado. “Este é o pirómano?”, coméntase sen que cheguemos a ver un só rostro, antes de descubrir a mirada aflixida de quen supoñemos é ese individuo. En oito minutos de cine memorable a ritmo de Vivaldi -ese Cum dederit reaparecerá máis adiante noutro momento crave- ata que Amador chega ao pobo, punto de... Ler máis