INDIELISBOA 2017: A COLLEITA PORTUGUESA

Un ano máis, a competición nacional do Indielisboa e algúns títulos lusos en programas paralelos permiten tomar o pulso a unha cinematografía que se mostra sempre diversa e ben inserida nas tendencias fílmicas actuais. O festival supliu a ausencia na colleita de 2017 dunha película especialmente anovadora cunha serie de propostas que actualizan tradicións do cinema moderno xa codificadas. Así, a ficción de liña máis clara e posiblemente máis elegante de todo o certame... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS NO INDIELISBOA 2012

SERÁN CINZA, MAIS TERÁ SENTIDO Calquera visitante que pasara por Lisboa na segunda metade de abril podía levar unha inmellorábel impresión sobre o estado de saúde do cinema portugués. Bastaría para iso con botarlle unha ollada á carteleira diaria que publican os xornais e comprobar de primeira man a presenza modesta mais digna de encomio de filmes con excepcional acollida crítica coma Tabu de Miguel Gomes (dobremente premiado na Berlinale), É na Terra não é na Lua de... Ler máis