ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque
POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos, vou onde me leve o vento”, escúsome mentres saqueo a neveira. Voar, voar, voar! O cinema de Andrés... Ler máis
13º FESTIVAL INTERNACIONAL DE LAS PALMAS DE GRAN CANARIA
Parte I: filmes premiados Entre o 16 e 24 de Marzo puidemos asistir ao 13º Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria. A súa excelente programación e ambiente sitúan este evento en primeira liña do cinema independente e de autor. Convén ademais destacar as excepcionais condicións de traballo que o festival canario ofrece, xa que ademais de asistir ás proxeccións e roldas de prensa, dáse a posibilidade de conversar apraciblemente con directores da sección... Ler máis
RETRINCOS DE VIDA, ALQUIMIA E CÓDIGOS BINARIOS: UN SERÁN CON ANDRÉS DUQUE
“En un lugar de L’Eixample, de cuya dirección no quiero acordarme…” Experimento un deses déjà vu que tanto nos abraian e desconcertan. Acabo de acceder ao vestíbulo do cuarto dereita, que á súa vez divide un longuísimo corredor no que, malia seres a primeira vez que poño un pé naquel edificio, teño a sensación de teres estado antes. O vestíbulo é a única zona iluminada. Á miña esquerda, o corredor pérdese nunha estanza na que creo distinguir un... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 2: FUCK FACEBOOK, FUCK AMERICA, THIS IS SERBIA!
O bo de comezar o día cun filme explícita é que coa perspectiva que dá a noite, logo de oito horas de visionados e unha cea nun chinés, es quen de afastar da túa mente a primeira impresión e ver as cousas con frialdade. E así, relaxándome da trasfega audiovisual cun té verde, aventúrome a escribir as miñas primeiras liñas sobre cinema dende Róterdam, e con amor. Clip podería definirse como a adolescencia vista a través do móbil dunha rapaza inqueda e con moita... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 1: DO «NUNCA DIGAS NUNCA» A «SEMPRE HAI UNHA PRIMEIRA VOLTA»
Gustaríame comezar esta crónica falando da miña viaxe, de aeroportos, de malos voos e outros sacrificios persoais polos que o crítico de cinema normalmente ten que pasar para chegar a puntos de encontro onde gozar (ou renegar) de novas e tentadoras propostas audiovisuais, pero non podo. Teño o luxo de vivir aquí. Esta é en efecto esa cidade cosmopolita e moderna da que todo o mundo fala, onde se fusionan unha gran variedade de culturas, de estilos e tendencias. Un modus... Ler máis
PALMARÉS PUNTO DE VISTA
Gran Premio PdV ao mellor filme Foreign Parts (Véréna Paravel e John Paul Sniadecki, EUA, 2010) O cinema etnográfico perdeu a súa inxenuidade con Cronique d’un été (1960), cando Jean Rouch e Edgar Morin viraron a súa cámara cara a sociedade francesa para fender a barreira entre ‘nós’ e ‘os outros’. Un par de décadas despois, Dennis O’Rourke dáballe voz aos aborixes de Papúa Nova Guinea en Cannibal Tours (1988) para que se queixasen da actitude altiva dos... Ler máis
