Play-Doc 2022: Cinema galego

Tatuado nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo, 2022) Un ano máis, o Play-Doc deu conta da diversidade do cinema galego de non ficción con propostas que ían dos retratos canónicos con entrevistas ao cinema observacional, da contemplación pictórica ao uso de actores en contextos reais, ou que chegaban mesmo á utilización de drons con obxectivos narrativos e de documentación da realidade moi específicos, lonxe da dinámica de gadget que habitualmente se aplica a este... Ler máis

FICX 2021: Novo mundo

Zeros and Ones, de Abel Ferrara A finais de novembro, o Festival de Xixón volvía á presencialidade nunha edición que tiña algo de celebración de dúas realidades, de vellos ritos a través de novos costumes: o mundo online, aséptico e virtual veu para quedar e aínda que estivésemos nas salas —protexéndonos tamén da enorme tromba que caeu eses días sobre a cidade— moitos dos títulos da programación tomaron como tarefa lembrarnos que o mundo xa non é o que acostumaba.... Ler máis

Dhogs, de Andrés Goteira

Din que unha xeración dura quince anos, pero canto dura unha xeración cinematográfica? Moitas veces, desde a crítica e a academia, trátase de poñer etiquetas a todo o que vemos, especialmente se iso que vemos é algo que escapa do cotián. Así, xorde con Dhogs, e con outros filmes coetáneos, a tentación de outorgarlle un nome a estes creadores ao igual que se fixo coa xeración do Novo Cinema Galego. Mais, acaso hai un cambio de xeración? Se ben é innegable que o NCG... Ler máis

Procesos #27 – Andrés Goteira

Se hai un proxecto que está en boca de todos desde hai meses, ese é Dhogs. O filme, ópera prima de Andrés Goteira (Meira, 1983), é unha aposta radical que irrompe con violencia no cinema galego con algo rematadamente orixinal. Cadrando co día das Letras Galegas, Dhogs chega ás salas de cinema despois dun percorrido por festivais no que colleitou louvanzas e galardóns a partes iguais. Nunha entrevista falabas de que antes de Dhogs fixeras xa algunha curta. En que momento... Ler máis

De periferias e linguas

Parte da equipa do filme Doentes no Festival de Málaga Hai uns anos, saíndo do pase de prensa de Doentes, de Gustavo Balza, no Festival de Málaga recollín unha conversa allea entre compañeiros xornalistas na que falaban de aquilo que eles calificaban como o “cine autonómico”. Doentes rodouse en galego, como era lóxico adaptando o texto de Vidal Bolaño, e eles amosábanse algo indignados ante aquela afrenta de ter que ver un filme que non estivera en castelán dentro... Ler máis

OUFF 2017: O PERSOAL É POLÍTICO

Este lema feminista semella funcionar na programación da 22ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense coma unha sorte de declaración de intencións. Algúns dos filmes programados collen como bandeira estas palabras para debuxar historias crúas, cargadas de realismo, que nos sitúan contra as cordas como partícipes dunha sociedade caduca na que cómpre replantexarse os piares sobre os que construímos. Baronesa (Juliana Antunes, 2017) Como non podía ser doutra... Ler máis