CANNES 2018 EP. 4: O PEOR JIA ZHANG-KE

Chegou outro dos nomes grandes da sección oficial. Non podemos máis que considerar Ash Is Purest White (Jia Zhang-Ke, 2018) como unha tremenda decepción. O chinés volve poñer a Tao Zhao como muller protagonista con carácter, nun papel que recorda ao de Un toque de violencia (2013). A súa parella na pantalla é Fan Liao, versado no cinema de xénero, con Black Coal, Thin Ice (Yinan Diao, 2014) coma o primeiro filme que vén á mente. Dado que a historia comeza co asasinato... Ler máis

MARÍLIA ROCHA: “NOS MEUS FILMES HAI UNHA VONTADE CLARA DE ESTAR COAS PERSONAXES E FILMALAS”

A programación desta 22ª edición do Festival de Cinema de Ourense traía tres focos centrados en tres figuras do sur de América: Jeannete Muñoz, Mariano Llinás e Marília Rocha. Desde que comezou a nosa cobertura do festival, ollamos con interese cara a figura de Marília Rocha, directora cunha carreira curta pero intensa na que explorou a etnografía brasileira en Aboio (2005), o colonialismo portugués en Acácio (2008), a adolescencia e o corpo feminino en A falta que... Ler máis

MARÍLIA ROCHA: CATRO SÍNTOMAS DUNHA AUTORA

A chegada de Fran Gayo e a súa equipa á dirección artística ao Festival de Ourense supuxo unha renovación do seu enfoque. O que antes era un festival que pasaba desapercibido nas citas cinéfilas galegas, é hoxe un evento imperdible onde as pontes creadas entre Latinoamérica, a lusofonía e Galicia son xa feitos constatables. Podemos afirmar que o OUFF supón o punto de encontro que precisaba Galicia para ter unha rede de festivais de cinema interconectados cuxas programacións... Ler máis