SAFARI, de Ulrich Seidl

Desde os inicios da súa carreira coma documentalista a comezos dos 80, Ulrich Seidl insistiu en sinalar cara o sustrato grotesco e inhumano oculto trala apariencia de benestar dunha sociedade, a austríaca – europea por extensión –, empeñada en agochar as súas patoloxías ao mundo exterior. Im Keller (2014), o seu anterior traballo, serviu como perfecta síntese de todas as súas inquedanzas. Coa súa entrada nos demenciais sótanos das casas lustrosas, unha básica metáfora... Ler máis

BELLA E PERDUTA, de Pietro Marcello

O filme comeza, paseniño, en silencio. Coñecemos a Tomasso, o anxo do Carditello. Este granxeiro metido a coidador dun símbolo de Italia, un antigo palacio borbónico, hoxe só habitado polas silvas e visitado polos ladróns. Despois, Pulcinella, outro anxo, este celestial, que agarda nunha cárcere unha tarefa que cumplir. Todo no máis absoluto silencio, deixando que sexan as imaxes as que falen en troques do diálogo. Mais, cando aparece Sarchiapone, o búfalo orfo, atopado... Ler máis

ADIEU AU LANGAGE, de Jean-Luc Godard

A era da comunicación non garante o contacto. David Refoyo, Amor.txt. Non vemos máis que imaxes por todas partes, mais non ves unha soa imaxe que che fale. Jean-Luc Godard O animal estaría en última estancia privado da palabra, desa palabra que se denomina nome. Jacques Derrida. A utopía da linguaxe paratáctico Quizais xa ninguén se lembre, mais en Film Socialisme (Jean-Luc Godard, 2010), “ese filme que tentaba liberar as cousas do nome que lles puxemos”, xa estaban... Ler máis