(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN II

Para introducir esta segunda parte do texto, e antes de proseguir co repaso á extensísima filmografía de Johan van der Keuken, da cal xa desenvolvemos unha grande parte no primeiro capítulo deste artigo, gustaríame incidir nalgúns aspectos, sobre os que xa profundei en maior ou menor medida na primeira parte, mais que son fundamentais para entender o cinema do mestre holandés. Sen lugar a dúbidas, se tivéramos que elixir un concepto para definir o seu cinema, sería o... Ler máis

(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN

Agradezo antes que nada a paciencia dos directores de A Cuarta Parede con respecto a este artigo, co cal me comprometín hai xa un tempo. Ao mesmo tempo gustaríame darlles as grazas por ofrecer un espazo para reivindicar e dar a coñecer ao que considero un cineasta fundamental do século pasado no panorama europeo, e ao que, segundo a miña humilde opinión, non se lle ten tido na consideración que merecería. Mais, como todo nesta vida, esta valoración é subxectiva, porén... Ler máis