MONOS, de Alejandro Landes

A perda da inocencia e o paso da adolescencia á etapa adulta son temas ben habituais no cinema contemporáneo. Este período corresponde co descubrimento da identidade dun mesmo e a conformación do adulto que, de aquí en diante, será responsable de si mesmo e das súas accións. Se ben abonda pensar apenas uns segundos para atopar referentes neste sentido, hai outros filmes que tamén se achegan a este ‘coming of age’ desde unha visión bastante máis arriscada. Este... Ler máis

DETROIT, de Kathryn Bigelow

Sempre tiven unha certa admiración polos directores que, dentro da industria, conseguen recortar un espazo de autor esquivando os clixés do cinema máis comercial. Na actualidade, Kathryn Bigelow é quizais unha das mellores expoñentes dese grupo. Ademais, é unha das poucas mulleres cineastas recoñecidas dentro da industria estadounidense contemporánea. É unha No-(Wo)Man’s Land[1]. De feito, foi a primeira muller, xa no ano 2010, en recibir un premio Óscar como directora. Da... Ler máis

BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA

No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis