Punto de Vista 2022: Sección Oficial

Evangelio Mayor, de Javier Codesal Asimilar a importancia do herdado e cimentar o seu traballo no camiño xa percorrido. Con esas intencións encaraba o seu labor o equipo comandado por Manuel Asín, novo director artístico da que por méritos propios cabe situar entre as citas máis senlleiras do panorama do cine documental europeo. Este décimo sexto Punto de Vista convocábanos en Pamplona cun aire de balsámica renovación, e non tanto polo mencionado cambio de ciclo ao mando... Ler máis

Novos Cinemas 2021: Latexos

El planeta, de Amalia Ulman Que os festivais de cine conten cunha sección competitiva como a que propón Novos Cinemas baixo o nome de Latexos debería ser de obrigado cumprimento. Por necesidade, por xustiza, para que todas esas primeiras ou segundas propostas, que poidan quedar fóra mesmo dos circuítos non tan convencionais, teñan o seu espazo. Para que poidamos escoitar novas voces que se atreven a xogar coa linguaxe e a incendiar as regras. Voces nas que non é complicado... Ler máis