O FILLO DE SAÚL, de László Nemes

Moito se ten falado d’O fillo de Sául dende a súa estrena en Cannes. É unha película que, pola súa forma, chama a atención, mais tamén por lograr atopar un recuncho de novidade na gran narración cinematográfica que foi o Holocausto xudeu. A acción segue os pasos dun sonderkommando en 1944, no campo de Auschwitz-Birkenau. Para quen non coñeza o palabro, estes eran os grupos de prisioneiros dedicados a liberar as cámaras de gas dos corpos dos seus compañeiros... Ler máis

CLAUDE LANZMANN: VOLVER A ‘SHOAH’

Canto tempo se pode traballar nunha única idea, nun proxecto, nunha obra? Claude Lanzmann botou nada menos que once anos, dende 1974 até 1985, argallando Shoah (1985), o seu documentário de máis de nove horas sobre o exterminio do pobo xudeu durante a Segunda Guerra Mundial. Por que tanto tempo? Porque Lanzmann fixo deste proxecto o seu imperativo vital, o motivo arredor do que xira a súa vida dende aquela: primeiro pasou un par de anos lendo todo o que puido ler sobre o... Ler máis