DOMINIC GAGNON: “SEN OS MOTORES DE BÚSQUEDA NON SERÍA NADA”

Pouco despois de que remate a súa masterclass durante o Play-Doc, asalto a Dominic Gagnon coa idea de entrevistalo pero non dunha forma tradicional. “Como o tes pensado?”, pregúntame; “Aínda non o sei: gravarnos cos móbiles?”. Dominic acepta sen dubidalo. Uns días despois cítome con el na entrada do seu hotel e falamos brevemente da idea da entrevista filmada, como facela, etc. “É estraño para min, sabes? Xa non estou acostumado a filmar cunha cámara”. Durante... Ler máis

RENÉ, de Helena Třeštíková

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Cinematográfica que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2017 As historias de perdedores adoitan gardar un agarimoso espazo nos espectadores. É doado simpatizar e empatizar con personaxes ás que a vida non deixa de afundir golpe tras golpe. Porén, a historia de René non encaixa no estereotipo de ‘born to lose’ habitual. Tras un primeiro paso pola cadea, René entra nun... Ler máis

OF THE NORTH, de Dominic Gagnon

Novos Camiños para o Documental Etnográfico of the North, escrita coa primeira vogal en minúscula, como é expreso desexo do seu autor, aparece como un título mutilado por necesidade. Xa transcorreron 93 anos dende que Robert J. Flaherty emprendeu aquela viaxe épica partindo de Toronto cara os confíns do Círculo Polar Ártico para retratar a primitiva loita diaria contra os elementos de Nanook of the North (1922). As súas imaxes, unha vez convertidas en emblema e parte... Ler máis

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis