“FACER CINEMA, RODAR, É SUFRIR; UN DESACOUGO PERMANENTE”

Miguel Castelo (Ourense, 1946) é unha peza fundamental na maquinaria cinematográfica dos 70 en Galicia. O seu filme O pai de Migueliño (1977) adapta o relato de Castelao á gran pantalla, cunha clara vontade autoral, case inexistente no cinema da época. Dende aquela, dirixiu e produciu tres títulos máis, combinando esta faceta coa crítica, que exerceu no semanario Orzán, en Radio Coruña, ou conducindo o programa Do cinema galego para o centro territorial de TVE. A mediados... Ler máis

XACIO BAÑO: “A VIDA É MOITO MÁIS”

Xacio Baño (Xove, 1983) chegou ao cinema “case por accidente”, segundo as súas propias palabras. Debutou en 2009 coa curta Quentefrío, “unha trasnada”, e deixou a súa pegada no audiovisual galego con tres proxectos máis, Relación de acordes (2009), Estereoscopía (2011) e, sobre todo, Anacos (2012), exhibido en máis de trinta festivais, o último o de Clermont-Ferrand, polo que pasou a finais de xaneiro. Beneficiario en varias ocasións das axudas ao talento... Ler máis