ELLE, de Paul Verhoeven

Elle (Paul Verhoeven, 2016) A imaxe coa que o autor neerlandés Paul Verhoeven abre a súa última película (ata o momento), Elle, resulta bastante significativa en canto ao que este nos quere contar e como desexa facelo. Tralo fundido a negro dos títulos de crédito vemos, sen solución de continuidade, os momentos finais dunha violación e, posteriormente, trala fuxida do agresor, a reacción da vítima que, sorprendentemente tranquila, recompón as súas roupas e fai limpeza... Ler máis