RÉCRÉATIONS (1992), de Claire Simon

ISTO NON É UNHA PIPA O neno é o portador dunha ollada libre, indisciplinada, un xeito de mirar que aínda é capaz de sorprender aos ollos. O neno ensina ao adulto a mirar as cousas como por vez primeira, sen os hábitos da ollada constituída Jorge Larrosa Fai algunhas semanas, a un amigo ocorréuselle animar a súa festa coa proxección de varias películas domésticas da súa infancia. Aquelas filmacións en Super 8 eran todo o entrañables que se pode supor a esas... Ler máis

‘CONTRACAMPO’: REVISTA DE COMBATE

A morte o pasado 20 de febreiro de Francisco Llinás, crítico cinematográfico, activista cultural e fundador da revista Contracampo, publicación cinematográfica prolongada durante 42 entregas entre abril de 1979 e outono de 1987, trae ao recordo a significación dunha aposta editorial hoxe aínda diluída ou pouco coñecida, en ocasións mal dixerida polas sucesivas operacións de desmemoria levadas a cabo sobre o frutífero marco da etapa da transición política española... Ler máis