LONDON FILM FESTIVAL 2014 (I / III): RETRATO DESTAS GUERRAS

O conflito bélico, nas súas distintas magnitudes, estivo moi presente na edición 2014 do London Film Festival. Non é que este feito nos sorprenda, posto que o cinema, en moitos casos, convértese nunha plataforma de denuncia e de representación dunha realidade que por cuestións xeográficas, históricas, económicas ou políticas non chega até nós. Este foi o caso, por exemplo, do filme gañador na sección oficial documental, Silvered Water, Syria Self-Portrait (Ossama... Ler máis

12 YEARS A SLAVE, de Steve McQueen

Ao longo da súa historia, o cinema norteamericano ten manifestado en diversas ocasións o seu interese sobre a barbarie e efectos da escravitude nos EUA. Este mesmo ano asistimos á estrea de dúas películas que, de forma diametralmente oposta, abordaban a cuestión: Django Unchained (Quentin Tarantino, 2012) e Lincoln (Steven Spielberg, 2012). Agora súmase a esta listaxe a última película do cineasta británico Steve McQueen -autor das excelentes Hunger (2008) e Shame (2011).... Ler máis