白日焰火 (BLACK COAL, THIN ICE), de Diao Yinan

Logo de completar un extenso percorrido polos festivais de medio mundo -incluindo Tribeca, Busán, Karlovy Vary, Vancouver ou Londres- e de ser a vencedora indiscutíbel da edición máis recente da Berlinale -coa obtención do Oso de Ouro ao mellor filme e o Oso de Prata para o seu actor principal- 白日焰火 (Black Coal, Thin Ice, Diao Yinan, 2014) chega agora ás pantallas estatais cunha inmediatez que adoita ser inusitada para o mercado asiático de autor no noso país.... Ler máis

THE GRAND BUDAPEST HOTEL, de Wes Anderson

En Youtube é sinxelísimo atopar multitude de parodias do cinema de Wes Anderson. Hai algunhas moi logradas, coma o falso tráiler que postula en plan what if como sería o reboot da saga fílmica de Spider-Man se Anderson estivese detrás, ou o sketch do Saturday Night Live que presenta “A camarilla de sinistros intrusos a medianoite”, o primeiro slasher film andersoniano. Cría un estilo e bótate a durmir: con sete longas ás súas costas, ao bo do Wes pasáralle un pouco... Ler máis