Play-Doc 2021: Dun tempo e dunha terra
Esquirlas (Natalia Garayalde, 2020) O Play-Doc, festival internacional de cinema documental de Tui, celebrou entre os pasados 22 e 26 de setembro a súa decimo sétima edición. Ademais de ofrecer a oportunidade de asistir por primeira vez en España a retrospectivas de históricos cineastas do xénero, como Manfred Kirchheimer ou Bette Gordon, presentou, como vén sendo habitual, unha coidada selección de filmes na súa sección oficial, composta nesta ocasión por tan só cinco... Ler máis
Bette Gordon: O hábito de (des)agochar
“A exploración da sexualidade foi un factor crucial na creación da súa conciencia feminina. Pareceulle que non se pode atopar o poder ata que se teña recoñecido a falta (de poder)”. Empty Suitcases (1980) Bette Gordon, a quen pertencen as palabras que abren este artigo e que condensan unha das ideas máis poderosas da súa obra, é unha das cineastas homenaxeadas este ano no Play-Doc cun ciclo que nos permite trazar a viaxe da autora dende os seus inicios no cinema estrutural... Ler máis