MATTHIAS MÜLLER E O CINEMA DE APROPIACIÓN

Ao referirnos ao cinema de apropiación, é necesario “diferenciar entre exploración e explotación”. Con esta elocuente e perspicaz distinción finalizaba Matthias Müller a conferencia que ofreceu o pasado 4 de novembro na xornada inaugural do Xperimenta ’11, celebrado no CCCB. Este relatorio foi a primeira parte dun programa dobre titulado, agudamente, Thieves Like Me, e na que o prestixioso artista audiovisual alemán realizou un ilustrativo itinerario pola historia... Ler máis

POST MORTEM, de Pablo Larraín

Un dos meus poemas favoritos de Ángel González, titulado Muerte en el olvido, comeza cunha afectuosa e humilde confesión: “yo sé que existo / porque tú me imaginas”. O poeta ovetense, talvez pouco preocupado no seu namoramento pola “subxectividade individual autoconsciente” do cogito ergo sum cartesiano, admite o estéril de sabernos vivos se non existimos tamén na conciencia do próximo. Así, conclúe o seu poema recoñecendo: “pero si tú me olvidas / quedaré... Ler máis