FICXIXÓN 2017: NOVA ETAPA (II/II)
(Vén de aquí) Pero volvendo ás seccións competitivas, houbo máis filmes a destacar. Os premios ás interpretacións foron representativos da oficial e destacaron dúas das propostas máis estimulantes. Lucky (John Carroll Lynch, 2017) e En la playa sola de noche (밤의 해변에서 혼자, Hong Sang-soo, 2017) deben boa parte do seu éxito aos seus actores protagonistas. A primeira é o filme póstumo dun actor tan icónico da filmografía estadounidense como Harry Dean... Ler máis
BILL PLYMPTON, CINEASTA INCANSABLE
O catálogo pesa, pero non queda. Consciente da transcendencia da palabra impresa, o Festival Internacional de Cinema de Xixón dedica cada ano un libro ou dous aos protagonistas dos seus ciclos retrospectivos. Xunto ao de Brillante Mendoza, minúsculo, urxente, pura recompilación sen moito traballo de edición de textos antes aparecidos; o certame asturiano encargou neste 2014 un exemplar sobre Bill Plympton á xornalista Rocío Ayuso. Este, máis esixinte, abrangue toda a obra... Ler máis
FICX 2014 (I/III): SECCIÓNS ROUBADAS
A 52ª edición do Festival Internacional de Cinema de Xixón deunos a oportunidade de gozar durante nove días intensos, do 21 ao 29 de novembro, de bo cinema, presentacións emocionantes, sidra natural e moi boa mesa. Para min foi a primeira vez na cidade e a primeira vez no FICX, así que sorprendido e resaltado pola cantidade de salas, seccións e actividades paralelas. Por forza houbo que elixir, descartar algunhas seccións para decantarse por outras, e con sorte, entre... Ler máis