RETRATOS DE JOY DIVISION

1979, Londres. O aínda xoven Anton Corbijn, apaixoado da música dende neno, trasládase á capital inglesa na busca da banda Joy Division. Alí comeza a traballar como fotógrafo para a revista NME. Unha vez entra en contacto co grupo post-punk, o holandés dará comezo a un corpus artístico que abarcará fotografía, videos musicais e cinema. Influenciado polo expresionismo alemán, o artista holandés é coñecido polas súas imaxes analóxicas en branco e negro que lle permiten... Ler máis

PAPUSZA, de Joanna Kos-Krauze & Krzysztof Krauze

“Terán que queimar todas as rodas do mundo para que os xitanos deixemos de viaxar” A estrea en salas comerciais dun filme anos despois do seu éxito en festivais xa non é algo que colla por sorpresa ao espectador. Por iso, a chegada de Papusza (Joanna Kos-Krauze & Krzysztof Krauze, 2013) dous anos despois de facerse cos premios á Mellor Dirección e Mellor Actriz na Seminci é outro síntoma máis da triste realidade que vive o cinema de autor no noso país. Ante os... Ler máis

FOXCATCHER, de Bennett Miller

Adestrando raposos É común que pasen pola carteleira filmes que se alzan como un punto de inflexión na filmografía dun cineasta mediocre até o momento ou dun actor de rexistros limitados. A listaxe de exemplos sería inacabábel. Máis difícil sería atopar obras que supuxesen unha considerábel mellora tanto para o seu director como para parte do elenco, todo á vez e Foxcatcher (Bennett Miller, 2014) entraría de cheo dentro dese pequeno inventario. O propio Bennett Miller... Ler máis

SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO

Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis

LONDON FILM FESTIVAL 2014 (I / III): RETRATO DESTAS GUERRAS

O conflito bélico, nas súas distintas magnitudes, estivo moi presente na edición 2014 do London Film Festival. Non é que este feito nos sorprenda, posto que o cinema, en moitos casos, convértese nunha plataforma de denuncia e de representación dunha realidade que por cuestións xeográficas, históricas, económicas ou políticas non chega até nós. Este foi o caso, por exemplo, do filme gañador na sección oficial documental, Silvered Water, Syria Self-Portrait (Ossama... Ler máis

RENOIR, de Gilles Bourdos

Renoir Vs. Renoir Nos días da Primeira Guerra Mundial, un ancián move un pincel entre os seus dedos artríticos baixo a etérea luz da campiña francesa. A vila é Cagnes-sur-mer, situada na Costa Azul, e o ancián non é outro que Pierre-Auguste Renoir. O mestre impresionista loita por non perder o seu espírito creativo fronte á súa doenza, ao falecemento da súa amada esposa Aline e á marcha da súa principal musa, Gabrielle Renard, mentres que os seus dous fillos maiores,... Ler máis