BANDERSNATCH: ESPECTADORES, NETFLIX FARAVOS LIBRES

Cambia as reglas. Toma os mandos. Faino á túa maneira. Se o século XX foi o do eslogan “o cliente sempre ten a razón”, no XXI sempre temos o control, ou ao menos iso nos fan crer. “Don’t just win the game – change it”, rezaba hai pouco o anuncio da consultora danesa KPMG. Tamén a publicidade de The Legend of Zelda: Breath of the Wild prometía autonomía co seu “sinte a liberdade”. Incluso a política, atrapada como está na democracia sentimental, móvese... Ler máis

María Cañas: “Estou comprometida coa idea de cultura colectiva”

Logo de triunfar na pasada edición do festival Punto de Vista, alzándose co premio da sección X Films, María Cañas (Sevilla, 1972) volve a Pamplona para amosar os froitos deste galardón, destinado á produción dunha obra desenvolvida en Navarra. Desde A Cuarta Parede temos a sorte de volver a sentarnos con ela para facer un repaso aos seus últimos proxectos, a súa visita ao festival e as recentes polémicas nas que se viu envolta. Guerrilleira, irreverente, surrealista. Caníbal... Ler máis

GET OUT, de Jordan Peele

No último episodio do seu programa de sketches, os comediantes Keegan-Michael Key e Jordan Peele viaxan á imaxinaria Negrotown, “unha utopía para xente negra” na que non hai racismo sistémico nin explotación. Negrotown, explica un alucinado número musical technicolor, é un sitio no que se pode levar un suadoiro sen recibir balazos, os brancos non che tocan o pelo, non rouban a túa cultura nin te converten no seu amigo negro simbólico. E de aí, dous anos despois,... Ler máis

HER, de Spike Jonze

Que me perdoen os fans das batallas galácticas, pero a ciencia ficción que para min de verdade paga a pena non son as fantasías escapistas, senón as propostas que coa escusa do xénero (particularmente as distopías) permiten reflexionar sobre as nosas vidas cunha certa distancia. Nese sentido, a serie televisiva Black Mirror (Charlie Brooker, 2011-) é a que mellor está a capturar o zeitgeist destes días fugaces, case líquidos, que nos tocou vivir, sempre desde o marco... Ler máis