X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer

Bryan Singer non inventou a adaptación cinematográfica do cómic superheroico (sen ir máis lonxe, antes del Richard Donner e Tim Burton xa levaran con éxito á gran pantalla a Superman e Batman), mais o seu achegamento ao universo da Patrulla-X (X-Men, 2000; X2, 2003) desmarcouse do visto até entón e sentou as bases do que debería ser o filme de superheroes canónico e moderno: conxugando o respecto cara ao material de orixe coa achega de intelixentes novidades que logo... Ler máis

PREOCUPACIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE A PRODUCIÓN DE CINEMA SURCOREANO DO 2013

Kim Ki-duk presentando o seu novo proxecto, 'Moebius'. En Asia, a histórica dispoñibilidade á boa e non tan custosa tecnoloxía fixo que o uso dos aparellos electrónicos se sitúe no centro da vida e que o rexistro e posterior reporte das actividades cotiás sexan a norma, xerando unha abafadora naturalidade coa que o normal da poboación domina a técnica. Sumado á consolidación a fins dos 90 dun cinema nacional grazas, principalmente ao establecemento do Busan... Ler máis